21 cursos de formación en liña Ministerio – INTEF 2020
O Ministerio de Educación, e Formación Profesional convoca 21 cursos en rede do Profesorado 2020 – INTEF
Prazo ata o 28 de xaneiro!
Información básica
Prazo de inscripción: Dende o 9 de xaneiro do 2020 ás 00:00 ata o 28 de xaneiro de 2020 ás 23:59.
Inscripción: Só se pode solicitar un curso por persoa.
A quen van dirixidos: Docentes de todas las etapas educativas non universitarias (ver requisitos de la convocatoria. Apartado 4.1.)
Comentario
Son moitas as iniciativas que se desde hai tempo o Ministerio de Educación, e Formación Profesional realiza para a formación permanente do profesorado: cursos de verán, cursos a nivel europeo e internacional, cursos en rede e presenciais ademais das colaboracións coas diferentes CCAA.
Nesta ocasión son 21 os cursos ofertados abarcando temas tan dispares e diversos que van dende prácticas inclusivas ate a función directiva pasando polo emprego e uso das TIC.
Para un maior achegamento fixemos unha clasificación sinxela por bloques para facilitar o acceso aos mesmos.
Bloque1: Atención á diversidade
Neste apartado atopamos títulos como: Prácticas inclusivas para o alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA) (Recomendado por especialistas de TADEGa no tema), Orientación educativa e profesional en centros educativos e Educación afectivo sexual.
Bloque 2: Formación específica do profesorado
Os contidos xiran en torno a funcións que poden ser do interese do profesorado ou liñas de coñecemento para o desenvolvemento da tarefa docente. Títulos como:O titor en rede, O desenvolvemento da función directiva, Bibliotecas escolares e uso de Abies Web, Evaluación por competencias: Estratexias e Instrumentos, A investigación científica na aula: da transmisión á creación de coñecementos, Deseño Universal de Aprendizaxe, Desenvolvemento do pensamento lóxico en Infantil…resultan do máis atractivo.
Bloque 3: TIC
Esperou o noso interese o denominado: Ciudadanía e Identidad Dixital. Trata do emprego de diferentes dispositivos como o móvil, a tableta ou os computadores, relacionados coa rede, que esixen normas de conduta e de seguridade que o profesorado e as familias deberían coñecer sobre o uso de internet: seguridade, privacidade ou a propia identidade dixital. A aprendizaxe-servizo a través da programación de apps ou Pensamento computacional na aula con Scratch, son outros dos deseñados para este curso 2020.
Bloque 4: METODOLOXÍAS ACTIVAS
Pensado para impulsar o deseño das actividades e propostas de traballo cara ao alumnado. Así atopamos propostas como: Creatividade, deseño e aprendizaxe mediante retos, ou O portafolio educativo, Escritura creativa, ABP Aprendizaxe baseado en proxectos (Infantil e Primaria), ABP Aprendizaxe baseado en proxectos (ESO e BACH).
Bloque 5: VARIOS
Recollimos outros tres cursos que nos parecían tiñan identidade propia como: Proxecta e Twinning (nivel inicial), Formación Profesional: das políticas educativas á práctica na aula, Programa Bachibac.
Seguindo coa información sobre esta convocatoria sinalar que, a carón dos cada un dos cursos, atopamos un pdf coa información relativa ao mesmo seguindo o seguinte formato:
- Presentación do curso.
- A quen vai dirixido.
- Obxectivos.
- Contidos.
- Metodoloxía.
- Competencial dixital docente (Competencias docentes que se van traballar no curso).
- Duración.
- Nº de prazas.
- Prazo de inscripción.
- Inscripción.
- Datas do curso e distribución temporal.
- Autor do curso.
- Certificación.
- Enderezo de contacto.
Para finalizar, sinalar que nos cursos que convoca o Ministerio, a calidade dos ponentes está garantizada e que o aproveitamento dos mesmos repercute na formación propia e na posta en marcha de iniciativas e propostas académicas ou profesionais que en maior ou menor medida axuda á mellora da calidade educativa do ensino.
Para máis información consultar os seguintes enlaces:
- Enlace do MEyFP: Enlace ao Ministerio
- Enlace do Intef: Enlace ao INTEF