Ti tamén podes ser autor

O noso empeño nesta revista é que os autores dos artigos sexades as persoas implicadas en experiencias educativas (docentes, alumnado, familias, técnicos, institucións…) ViTADEGa non é unha revista para gurús, o gurú eres ti.
Non nos vale un estilo
calquera, queremos artigos accesibles e usables, é moi doado, e aquí o explicamos paso a paso coma se fose unha receita de cociña.
Como arrancar?
Con lapis e papel ou co teclado do ordenador, comeza cun borrador e segue con moita atención o artigo de Érica (A túa experiencia… un artigo
): tadega.net/vitadega/arquivos/94
E o texto? Accesible e usable?
Ben, iso é algo máis complexo e algún día haberá obradoiros para ir perfeccionando esa faceta, pero para comezar, aquí quedan unhas pautas básicas para a túa redacción:
- Evita frases de dobre senso ou de senso figurado a non ser que as expliques no propio texto.
- Evita redundancias, xiros, distraccións…
- 1 parágrafo para cada idea. 1 idea para cada parágrafo.
- Repasa o xa escrito, non confundas, aclara, axuda.
- Non xogues ás adiviñas, non decides ti, decide o lector.
- Usa a lingua dos teus lectores, non a túa.
- Claro, conciso, amigable, natural, familiar, próximo.
- Ordenación lóxica e clara das ideas do texto.
- Texto extenso? Divídeo en partes, encabeza con títulos e subtítulos.
- Enlaces: nin moitos nin poucos, só os necesarios.
- 2 textos iguais non poden apuntar a enlaces diferentes. 2 textos diferentes non poden apuntar ao mesmo enlace.
Artigo preparado. E agora?
Confecciona un correo electrónico do que se fala no artigo de Érica cos seguintes datos:
- Destinatario: Vi@tadega.net
- Asunto: Artigo para a revista ViTADEGa.
- Mensaxe con:
- Título.
- Resumo.
- Artigo.
- Imaxe + descrición.
- Autoría.
- Datos de contacto.
Correo preparado. E agora que?
Envía o correo e axiña lle damos resposta con:
- Suxestións de axustes no contido.
- Aclaracións necesarias.
- Data de publicación prevista.
E xa está?
Si, xa está. Non hai nada máis. Se acaso, de ser un colaborador ou autor habitual, poderemos enviarche un usuario e contrasinal para que ti mesmo entres no sistema e publiques sen ter que pasar por ese correo.