Ola mundo!
Debe ser xa unha tradición iso de comezar un blog ou unha web calquera saudando así. En calquera caso aquí nace esta cousa de ir relatando ao mundo as experiencias, reflexións, cousas aprendidas, cousas vividas… que queremos que queden á vista de todos. Medramos e moito, cando compartimos e o que compartimos medra en valor, por iso estamos aquí, para axudarmos.
Educación, trebellos dixitais e medrar na diversidade son tres camiños como bacelos, cheos de nós, estreitos, enrugados, impredecibles… pero que ao fin se cruzan e dise cruce debe medrar o encontro que precisamos. Moito hai feito pero moito máis é o que hai por facer. Por iso estamos aquí, para medrar xuntos, compartindo.
Autoría
Queda libre o acceso para que todas as xentes de TADEGa que así o desexen arrimen aquí os seus traballos e reflexións. Non hai límite. Tampouco hai paga.
Estilo
Accesible e usable ata onde sexa posible (facilitaremos recursos e formación a quen o precise). Natural, directo, sinxelo.
Ola, isto é un comentario a modo de exemplo.
Para comezar a moderar, editar, borrar, por favor visitar o panel do blog.
avatar do comentarista dende Gravatar.